Avanzar e progresar son uns dos propósitos que case todo o mundo ten en mente. Conseguilos é ir medrando na vida e ir avanzando cara as túas ambicións, cara os teus desexos. ¿Pero que sucede cando intentas buscar o teu soño e non atopas nada? ¿Que ocorre cando miras ao futuro e non sabes o que queres nin a onde queres chegar?
Cando levas moito tempo loitando por conseguir un futuro feliz e non consegues nada acabas por deixar a un lado todo o que te rodea e perdéndote nun baleiro sen poder avanzar. Cruzarte de brazos non é a solución. Non. Pero se tampouco loitar serve... Só existe dentro de ti un lugar no que poder progresar. Soña e imaxina. Pensar non serve. A penas existe nada que poidas facer cando estás abrazado a un pasado que non querer volver.