Dende Costa Rica cereixa - Costa Rica - 09/09/2007 01:51:24
Contador de visitas (solo registrados)
Hola!
Aquí un enviado especial publicando en nombre de Xiana:
Bueno, estamos tendo unha serie de problemas técnicos que me impediron/impiden conectarme como me gustaría. Primeiro non me funcionaba o wifi no meu portátil e despois resulta que aquí non funciona o esflog!
Así que a non ser que se solucione creo que non poderes comentar, só encargarlle a alguén que publique por min de cando en cando
Sufro << (aquí viría unha xianada)
Bueno, pois nada
Aquí estou en Costa Rica, con 170 estudiantes (becados, non vaiades pensar) de máis de 80 nacionalidades que acudiron aquí a estudiar o Bacharelato Internacional.
Como asignaturas creo que vou coller castelán, inglés, matemáticas, bioloxía, economía e artes visuais, aínda que sempre estou a tempo de cambiar, x’D.
Espero que se arranxe axiña o do esflog e poida publicar e comentar frecuentemente.
Bicos a todos! Quérovos
Próximamente, foto de tódalas vosas cartas na miña parede