Ánimo CAMPEÓN b0by - A Coruña - 27/01/2012 23:16:00
Contador de visitas (solo registrados)
Bueno, xa sabes que gañes ou perdas para min vas ser "o máis mellor do mundo mundial", pero igualmente quero mandarte todo o meu apoio, sobretodo porque sei o duro que é ter un soño e que ninguén teña fe en ti e segundo porque encántame ese sorriso que che queda na cara sempre que me contas que o teu adestrador che dixo algo bo.
Porque adoro que me ensines os pumses 20 veces ó día, aínda que me parezan todos iguais e non che poida axudar moito con eles, e porque aínda que de vez en cando me caia algunha torta, gústame cando me ensinas movementos ou me explicas como te diches con alguén.
Mándoche todas as forzas do mundo para mañá. Sei que é a primeira, e que non vas ben de estado físico, pero estou segura de que che vai saír xenial a competición, porque en todo o que se pon empeño acábase triunfando, así que mañá sube ó tatami coa cabeza moi alta e moi seguro de ti mesmo porque o vales e mereces esa victoria.